miércoles, 28 de mayo de 2014

FICHAS DE LECTURA PARA INFANTIL

Son moitos os libros emprestados pola biblioteca, a lectura debe ser divertida e motivante, pero en ocasiones tamén debe quedar reflexada nunha ficha na que saiban facer un resumo do conto ou dar unha opinión.
Para infantil propeñemos estas fichas de lectura:


 
 

FICHA DE LECTURA PARA 2º CICLO

Son moitos os libros emprestados pola biblioteca, a lectura debe ser divertida e motivante, pero en ocasiones tamén debe quedar reflexada nunha ficha na que saiban facer un resumo do conto ou dar unha opinión.
Para segundo ciclo propeñemos estas fichas de lectura:


 

FICHAS DE LECTURA PARA 1º CICLO

Son moitos os libros emprestados pola biblioteca, a lectura debe ser divertida e motivante, pero en ocasiones tamén debe quedar reflexada nunha ficha na que saiban facer un resumo do conto ou dar unha opinión.
Para primeiro ciclo propeñemos estas fichas de lectura:


 

martes, 27 de mayo de 2014

ITINERARIO LECTOR

Dende a escola asegurámonos que ao rematar a Educación Primaria o alumnado ten leído un mínimo de tres libros obligatorios por curso. Dende infantil ata 6º.
Aquí deixamos os libros propostos

Itinerario para infantil








Itinerario para 1º


Itinerario para 2º 


Itinerario para 3º 


Itinerario para 4º


Itinerario para 5º



 Itinerario para 6º


ITINERARIO LECTOR DE INGLÉS

Dende a área de inglés tamén se anima á lectura. Dende este ano quedan propostos tres libros de lectura en inglés para 4º e outros tres libros para 5º.



 

Motivando a expresión escrita en infantil

Son moitas as actividades que se poden facer para motivar aos nenos e nenas de infantil a que escriban. Aquí van algunhas das traballadas:

Xogos para escribir o seu nome:




Hai actividades que se poden facer coa axuda de papá e mamá cando en infantil empezan a escribir. Unha delas é contar algo deles mesmos. Aquí tedes un exemplo:




Grazas a Mica a mascota pódense contar moitas cosas. Despois de pasar unha fin de semana con Mica deben seleccionar entre todo o que fixeron e axudados polos papás escribilo na súa páxina especial:

O libro de Mica by GarabulloGarabullo

AS BRUXAS

Un dos proxectos de investigación que máis gustou foi un proxecto feito polas mestras de infantil.
Traballaron as bruxas. Investigaron e coñeceron a un par de bruxas.
Para mellorar os aspectos de lectura e escritura fixeron un conto dunha bruxa que se chamaba CATUXA.

 

Para ensinarlle o que aprenderon aos compañeiros da escola cantáronlles esta canción:


 

QUE HAI DENTRO DA CASTAÑA?

Unha inciación a unha pequena investigación.
Que podemos atopar dentro da castaña?
Ideal para traballar no magosto e facer o noso propio conto.

Dentro Da Castaña by GarabulloGarabullo

A EIRUGA LARPEIRA

Outro conto traballado dende infantil.
Outro grande éxito de lectura e un dos máis prestados nesta etapa.

A Eiruga Larpeira by GarabulloGarabullo

O POLO PEPE

Non hai mellor xeito de animar aos nenos e nenas á lectura dun libro que facer actividades cun conto.
Asegúrovos que ese conto pasa a ser un dous máis collidos en préstamo na biblioteca.
Aquí temos unha forma de traballar co conto "O polo Pepe"

PROXECTO O PITIÑO

Un xeito de investigar dende infantil. Tomando como referencia "O Pitiño" e todo o que podemos aprender cos pitiños.


domingo, 25 de mayo de 2014

FICHAS DE LECTURA PARA 3º CICLO

Son moitos os libros emprestados pola biblioteca, a lectura debe ser divertida e motivante, pero en ocasiones tamén debe quedar reflexada nunha ficha na que saiban facer un resumo do conto ou dar unha opinión.
Para terceiro ciclo propeñemos estas fichas de lectura.

 

PROXECTO LECTOR

Todo centro debe ter un Plan Lector. Neste PFPP o Proxecto Lector non podía pasar desapercibido. Deixamos aquí o noso, aínda que non é o definitivo. Na actualidade está sendo revisado polos equipos de ciclo e con posibles modificacións tendo como referencia os cambios que se agardan para o vindeiro ano.


BUSCAR INFORMACIÓN

Todo proxecto conleva unha investigacón. Dende a biblioteca debemos ofertar todos os recursos posibles para facer unha investigación o máis completa posible. Un destes recursos é o inernet e esta guía para que aprendan a buscar infomación na rede.


miércoles, 21 de mayo de 2014

Enquisa da biblioteca

Un documento ideal para avaliar como funciona a biblioteca é unha enquisa anónima tanto para profesorado como para alumnado.
Aquí están as enquisas elaboradas

Para o profesorado:

Enquisa Biblioteca Profesorado by GarabulloGarabullo


Para o alumnado:

Enquisa Biblioteca Alumnado by GarabulloGarabullo

Coñece un libro

Outro documento elaborado para a Formación de usuarios é como coñecer un libro da biblioteca.
É un titorial que non so fai referencia ás partes dun libro senón tamén as etiquetas que lle poñemos cando catalogamos para despois saber colocalo nos andeis da biblioteca.

coñeceunlibro by GarabulloGarabullo

Formación de axudantes

Cando os rapaces e rapazas chegan a 6º pasan a ser axudantes de biblioteca, aínda que é unha tarefa voluntaria todos queren estar na biblioteca. Ao longo do mes de setembro e outubro fórmanse e dánselle unhas normas de como deben coidar a biblioteca e facer o préstamo ou a colocación dos fondos.
Ao rematar o período de formación, cando abrimos a biblioteca, os axudantes reciben un tríptico cun resumo das normas que deben cumplir.


axudantes by GarabulloGarabullo

Autoempréstito para o alumnado

Pensamos que, xa que o MEIGA ofrece a posibilidade de ter un programa que permite que o alumnado sexa quen de facer os prestamos e as devolucións, sería unha boa idea formar aos nosos nenos e nenas, mínimo dende 3º, neste traballo.
Elaboramos este titorial para aprender a facer os préstamos e as devolucións.

autoemprestito_meiga by GarabulloGarabullo

Funcionamento da Biblioteca

Outro dos materiais preparados foi encamiñado a elaboración dun tríptico moi sinxelo de como funciona a biblioteca. É fundamental que o alumnado e as familias saiban as normas da biblioteca para evitar problemas.
Este tríptico llo damos aos nenos e nenas cando abre a biblioteca e volvemos a envialo nas mochilas viaxeiras.

tríptico_funcionamento by GarabulloGarabullo

Titorial do MEIGA para os mestres

Cando comezamos o PFPP o noso referente era a biblioteca. Buscábamos un maior uso da biblioteca e dos seus recursos e ao mesmo tempo queríamos ser quen de propor un proxecto documental integrado do centro e levalo a cabo.
Para empregar máis a biblioteca era necesario que os mestres e mestras lle perderan o medo a empregar o MEIGA para facer empréstitos, devolucións, para buscar libros e localizalos nos andeis.
Así fixemos un titorial moi básico do MEIGA para o profesorado e fixemos prácticas. O PDF do titorial foi o seguinte:


titorial_meiga by GarabulloGarabullo

martes, 20 de mayo de 2014

Datas sinaladas: Semana da prensa

Outra das actividades que propoñemos é o traballo das noticias.
Consideramos que os alumnos deben dominar varios tipos de textos ao rematar a primaria.
Sabemos que é importante que os textos que elaboren sexan dirixidos a alguén e valorados.
Cando ven a semana da prensa decidimos propoñer a elaboración de noticias dende todas as aulas.
Eles elaboran a noticia que será colgada nun tendal para o goce da comunidade educativa.
As noticias poden ser replica das da prensa ou creadas por eles mesmos basándose en acontecementos da zona ou da escola.


Inicio ao PDI: GARABULLO QUERE SABER

En Bandeira dende fai moitos anos celébrase no entroido "O Alto dos Xenerais".
Dende fai anos os alumnos do centro participan no alto infantil. Moitas das arengas recitadas son feitas polo mestre de Educación Física, que tamén os prepara. En ocasións son eles os que tentan facer as súas arengas.
Estamos nunha vila de tradición do entroido, pero.... Que sabe o alumnado do entroido?
Decidimos plantexar outro pequeno proxecto de investigación.
Primeiro decidimos que era a mascota da Biblioteca "Garabullo" o que tiña que facer as preguntas.
As preguntas tiñan que ir dirixidas e adaptadas aos ciclos. Tamén consideramos importante a presentación do traballo (expresión escrita). Puxemos data para entregar os traballos. Propuxemos unha condición: que a investigación fora feita na biblioteca e para elo adicamos un espazo con libros e materiais para investigar este tema. Finalmente decidimos que os traballo debían ser expostos polo alumnado para traballar tamén a expresión oral.

Aquí o resultado do traballo



 Aquí o video da exposición dun dos cursos


Recomendacións de lectura

Pois como non?
Cando os nenos e nenas van a biblioteca moitas veces non saben que libro levar. Escollen a eito e as veces atinan pero outras devolven os libros sen case ollalos.
Pensamos que sería boa idea que foran os mesmos nenos e nenas os que aconsellasen libros aos compañeiros.
Aqueles dispostos a facer a súa recomendación tiñan que ter lido o libro e ían a ser gravados. As gravacións son en directo, sen retoques o que axudou a traballar a expresión oral.
Todos os cursos participaron nas recomendacións ben en pequenos grupos aconsellando distintos libros ou ben toda unha aula que aconsellaba un mesmo libro.

Aquí algunha recomendacións. Poden verse todas no blog da escola bibliotecaadevesa.blogsop.com






 

Inicio ao PDI: Día de Europa

A titora de 6º decidiu traballar a investigación dunha data o 9 de maio. Despois de investigar que se conmemora nesta data e de facer unha posta en común na aula decidiron presentalo a todos os compañeiros da escola. Con elo traballouse a investigación, expresión escrita e expresión oral, ademáis da artística pola posta en escena e a interpretación que algúns dos nenos e nenas fan do Himno da alegría


Datas sinaladas "Día da Paz"

As datas sinaladas dan moito xogo para traballar coa lectura, a investigación, a expresión escrita e a expresión oral.
Para nós é importante plasmar os resultados de todas as actividades propostas, que os nenos e nenas vexan o resultado do seu traballo e do seu esforzo, consideramos que é un xeito moi interesante de motivar cara a lectura.
Cando ven o Día da Paz propoñemos nove lecturas que rotan polas nove aulas do centro. Son lidas por todos e cada aula dende infantil ata 6º traballan coas lecturas.
Tamén faise un conto entre todo o cole.
Motiva moito de cara á lectura e os contos traballados curiosamente son dos máis collidos en préstamo polo noso alumnado.

Aquí os nenos e nenas lendo:




Aquí o noso conto. Feito e interpretado por alumnos e alumnas de cada aula do centro




Resultado do traballo dos contos da PAZ en infantil:



Lecturas Pola Paz by GarabulloGarabullo

Inicio ao PDI: O TROMPO

Chega o mes de novembro e con el as castañas, o magosto, os froitos secos e xogos tradicionais.
Na nosa escola hai a tradición de tirar os trompos. Ao longo deste mes dende na aula de Educación Física experiméntase co trompo. O ano anterior fixemos unha exposición de trompos que tiña o mestre de Educación Física así que este ano propuxemos unha pequena investigación.
Partimos de libros de xogos tradicionais. Fomos pedindo ás aulas dende os distintos nomes que se lle da ao trompo nas distintas zonas, refráns relacionados co trompo, cantigas, sortes,... ata aprender a facer distintos trompos partindo dos froitos de inverno.
O resultado foi recollido nun mural.
Foi o noso primeiro intento de facer un proxecto de investigación que saía dende a biblioteca.
Atopamos moitos faios que pretendemos mellorar nas seguintes propostas.
O resultado:


Lemos onde nos peta

Esta foi unha actividade que pretendía invitar aos rapaces e rapazas a pedir aos reis un conto. Decidimos mostrarlles as recomendacións de lectura sacando os libros á natureza. Buscando paisaxes fermosas da contorna, paisaxes de sobra coñecidas por eles, paseamos cos contos para mostrarllos no mellor escenrario posible: A NATUREZA, e que podemos ler non só porque nos peta (Lemos porque nos peta é o lema da nosa biblioteca e do noso BLOG) senón tamém onde nos peta-
Estas imáxenes dan unha fermosa visión da lectura.



Datas sinaladas: "Samaín"

Ademáis das actividades que se propoñen para celebrar o Samaín: Aula de medo, contos de medo, cancións de medo e a nosa Bruxa que vai de aula en aula agasallando aos nenos e nenas con lambetadas... Este ano a mestra de 6º propuxo contar un conto de medo doutro xeito.
Foi unha experiencia motivante, foron pasando todos os nenos e nenas pola aula do medo para escoitar o conto dun pequeno grupo de rapaces e rapazas de 6º.
Resultou unha fantástica actividade que xa comezou a enganchar a algún destes alumnos á aventura da interpretación eo contacontos.


domingo, 4 de mayo de 2014

Datas sinaladas "Día Internacional da non violencia contra as mulleres"

Outra forma de acercarlles a biblioteca foi sacando libros. Deixamos uns libros na entrada da escola. Libros que tiveran relación neste caso coa violencia de xénero. Animamos a que os mestres na hora de  ler lles leran estos contos. Achegábase unha conmemoración: 25-11-2013 Día Internacional da non violencia contra as mulleres. O traballaron na aula cos mestres e incluso na aula de inglés fixeron o seu pequeno logo. Unha frase que resumira esta conmemoración, unha data que dera unha visión desta conmemoración. A frase esixía un traballo cooperativo e un acordo da clase.
Este foi o resultado:

CLUBS DE LECTURA

Outra forma de animar á lectura foi o Club de Lectura
Nos IES é frecuente que haxa algún Club de Lectura pero non nunha escola e menos nunha escola tan pequena coma a nosa.
O mestre de Educación Física propuxonos ao PFPP que nas horas de ler que tiña con 3º e 5º lles ía propoñer a idea dun club de lectura.
Deixoulles escoller un nome para o Club
Deulles varios libros a escoller para ler todos no Club
Propúxolle ao equipo de biblioteca que se lles mercara o libro aos nenos, que non fixeran eles o gasto. A proposta foi aceptada.
Tamén dende a escola mercáronselle libretas para o Club.
Cada semana na hora de ler. Tanto 3º coma 5º estiveron a ler o libro escollido. Todos participaron activamente. Todos ían ilusionados a comentar o seu capítulo na hora de ler. Levaban anotacións dos capítulos para comentar e incluso debuxos.
Gustoulles moito a actividade. Moitos querían que o mestre lles regalara o libro que leron porque lles gustou moito. De feito son libros que recomendan ler ao resto dos compañeiros e seguen ilusionados no club lendo outros libros.
 Estas son as fotos dos clubs:

Club de lectura de 3º "Club de Garabullo"

 


Club de lectura de 5º "Amiguiños das Letras"

Linda a Espreita

A mestra de 5º propúxolles aos alumnos e alumnas de alternativa que conxuntamente prepararan un conto e llo contaran aos de infantil.
Os nenos e nenas decidiron contarlle Linda a Espreita. Semellaba unha actividade moi doada pero despois de facela case de xeito autónomo, analizaron o seu traballo e déronse conta de todo o que implica saber contar un conto. Reparto de roles do contacontos, xesticulación, cambio de tonos,...
Contar un conto non é tan doado e xa saben que non so importa a idade do público. É moi importante darlle vida ao conto.
Este foi o seu traballo


MELLORAMOS Á BIBLIOTECA

No noso centro consideramos a biblioteca como o centro da escola. A través do Meiga documentamos todos os recursos do centro.
Biblioteca e EDLG son os encargados de propoñer as actividades para dinamizar a escola.
Cando propoñemos unha actividade economizamos esforzos e tentamos, na medida do posible, que haxa investigación, lectura, comprensión e presentación-exposición dos traballos. .
Cando empezamos o PFPP démonos conta de que os mestres e mestras tiñan dificultades para atopar os libros nos andeis. Inseguridades para facer eles mesmos os empréstimos. Non levaban á aula libros de investigación por ser libros de consulta na sala. Os ordenadores non tiñan cargados os programas precisos para traballar na sala... En fin, a biblioteca era so usada para levar libros en préstamo e dinamizar actividades do centro.
Aquí comezou o noso lavado e mellora da Biblioteca e da súa utilización:

- O primeiro foi reordear os libros por orde alfabética. Para elo colocamos uns separadores dos libros coas letras do abecedario. Máis rápido e sinxelo para colocar os libros ou para buscar un libro en concreto


- Fixemos formación de usuarios para o alumnado de 6º. Dende o autoempréstito, cun programa do Meiga adaptado, á colocación dos libros nos andeis.


 - Tamén fixemos formación de usuarios de mestres. Aprendemos a empregar o Meiga para empréstitos e devolucións, buscar libro no Meiga e localizalos despois nos andeis, como cambiar un libro de consulta na sala para que sexa un libro de préstamo, como consultar os catálogo de libros da biblioteca dende casa...

Aquí están os manuais de formación  que empregamos:


A Escaleira

Como motivar aos nenos á lectura? Coma mestres e mestras penso que é unha pregunta que nos facemos día a día con miles de respostas porque para cada neno precisamos unha fórmula diferente.
Na aula de 1º tivo éxito un conto.
A Escaleira cando comezamos o curso en 1º apenas len. Buscamos libros con fórmulas repetitivas que sexan dinámicos con fermosos debuxos e de rematar pronto. Buscamos un lector voluntario e deixámoslle o libro unha fin de semana. Cando volta lee o libro case de memoria. Semella un lector avanzado. Gústanos e llo lemos aos compañeiros da aula. Lémosllo aor mellor público: a nosa antiga profe de infantil e ao alumnado de infantil. Por último a mascota da biblioteca escoita ese conto e encántalle polo que publica, de sorpresa, o conto no Blog da Biblioteca. A nosa lectora síntese orgullosa polo seu traballo. O noso alumnado de 1º quere ler ese marabilloso conto. Conseguiemos que A Escaleira fora leído por todo o alumnado de 1º sen llo ofrecer nin aconsellar. Hoxe en día é un dos libros que máis se prestou este ano na biblioteca. Polo tanto un traballo de este tipo motiva cara á lectura.
Este é o resultado

Amosamos esta biblioteca

O PFPP do CEIP de Bandeira estaba adicado á Biblioteca e aos proxectos de investigación.
Como comezar un traballo que tivera como referente á Biblioteca?
En primeiro lugar era moi importante achegar a biblioteca aos nenos e nenas. Pensando nas miles de fórmulas decidimos optar por un vídeo feito cos nenos e nenas de 6º. Foron eles os que fixeron de intermediarios entre a biblioteca eos nenos/as da escola. Este foi o vídeo que fixemos: