Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2014

Coñece un libro

Outro documento elaborado para a Formación de usuarios é como coñecer un libro da biblioteca.
É un titorial que non so fai referencia ás partes dun libro senón tamén as etiquetas que lle poñemos cando catalogamos para despois saber colocalo nos andeis da biblioteca.

coñeceunlibro by GarabulloGarabullo

Formación de axudantes

Cando os rapaces e rapazas chegan a 6º pasan a ser axudantes de biblioteca, aínda que é unha tarefa voluntaria todos queren estar na biblioteca. Ao longo do mes de setembro e outubro fórmanse e dánselle unhas normas de como deben coidar a biblioteca e facer o préstamo ou a colocación dos fondos.
Ao rematar o período de formación, cando abrimos a biblioteca, os axudantes reciben un tríptico cun resumo das normas que deben cumplir.


axudantes by GarabulloGarabullo

Autoempréstito para o alumnado

Pensamos que, xa que o MEIGA ofrece a posibilidade de ter un programa que permite que o alumnado sexa quen de facer os prestamos e as devolucións, sería unha boa idea formar aos nosos nenos e nenas, mínimo dende 3º, neste traballo.
Elaboramos este titorial para aprender a facer os préstamos e as devolucións.

autoemprestito_meiga by GarabulloGarabullo

Funcionamento da Biblioteca

Outro dos materiais preparados foi encamiñado a elaboración dun tríptico moi sinxelo de como funciona a biblioteca. É fundamental que o alumnado e as familias saiban as normas da biblioteca para evitar problemas.
Este tríptico llo damos aos nenos e nenas cando abre a biblioteca e volvemos a envialo nas mochilas viaxeiras.

tríptico_funcionamento by GarabulloGarabullo

Titorial do MEIGA para os mestres

Cando comezamos o PFPP o noso referente era a biblioteca. Buscábamos un maior uso da biblioteca e dos seus recursos e ao mesmo tempo queríamos ser quen de propor un proxecto documental integrado do centro e levalo a cabo.
Para empregar máis a biblioteca era necesario que os mestres e mestras lle perderan o medo a empregar o MEIGA para facer empréstitos, devolucións, para buscar libros e localizalos nos andeis.
Así fixemos un titorial moi básico do MEIGA para o profesorado e fixemos prácticas. O PDF do titorial foi o seguinte:


titorial_meiga by GarabulloGarabullo

domingo, 4 de mayo de 2014

MELLORAMOS Á BIBLIOTECA

No noso centro consideramos a biblioteca como o centro da escola. A través do Meiga documentamos todos os recursos do centro.
Biblioteca e EDLG son os encargados de propoñer as actividades para dinamizar a escola.
Cando propoñemos unha actividade economizamos esforzos e tentamos, na medida do posible, que haxa investigación, lectura, comprensión e presentación-exposición dos traballos. .
Cando empezamos o PFPP démonos conta de que os mestres e mestras tiñan dificultades para atopar os libros nos andeis. Inseguridades para facer eles mesmos os empréstimos. Non levaban á aula libros de investigación por ser libros de consulta na sala. Os ordenadores non tiñan cargados os programas precisos para traballar na sala... En fin, a biblioteca era so usada para levar libros en préstamo e dinamizar actividades do centro.
Aquí comezou o noso lavado e mellora da Biblioteca e da súa utilización:

- O primeiro foi reordear os libros por orde alfabética. Para elo colocamos uns separadores dos libros coas letras do abecedario. Máis rápido e sinxelo para colocar os libros ou para buscar un libro en concreto


- Fixemos formación de usuarios para o alumnado de 6º. Dende o autoempréstito, cun programa do Meiga adaptado, á colocación dos libros nos andeis.


 - Tamén fixemos formación de usuarios de mestres. Aprendemos a empregar o Meiga para empréstitos e devolucións, buscar libro no Meiga e localizalos despois nos andeis, como cambiar un libro de consulta na sala para que sexa un libro de préstamo, como consultar os catálogo de libros da biblioteca dende casa...

Aquí están os manuais de formación  que empregamos:


Amosamos esta biblioteca

O PFPP do CEIP de Bandeira estaba adicado á Biblioteca e aos proxectos de investigación.
Como comezar un traballo que tivera como referente á Biblioteca?
En primeiro lugar era moi importante achegar a biblioteca aos nenos e nenas. Pensando nas miles de fórmulas decidimos optar por un vídeo feito cos nenos e nenas de 6º. Foron eles os que fixeron de intermediarios entre a biblioteca eos nenos/as da escola. Este foi o vídeo que fixemos: